20/12/08

Xa veñen os reis..













O xoves os nenos estaban felices.
Tivemos a visita duns emisarios dos reis magos de Oriente que se pasaron pola aula para entregarlles a Antía e Shasa o seu premio por quedaren finalistas do concurso de tarxetas de Nadal do concello.
O premio consistía en ir cada un con un rei mago na súa carroza na cabalgata do próximo día 5.
Alguns rapaces aproveitaron para lembrarlles ós reis que non se esquezan do que lles pediron nas suas cartas. :)