29/10/10

Unha festa de medo...

Onte celebramos no cole a festa do Samaín na que case tódolos nenos e nenas viñeron que metían medo..
Tivemos festa rachada e nalgunha das fotos colóusenos unha enorme "araña" :))


























Estas son algunhas das cabazas que nenos e nenas foron traendo ao cole coa axuda dos pais e nais e que queremos agradecer dende aquí a súa colaboración xa que conseguen que as festas sexan máis e máis espectaculares superando cada ano...
(Para ver máis detalles, preme nas imaxes).


















Estas son tres cabazas que acadaron premio e aportadas por xoaniñas.

Aniversarios outubro

O pasado mércores celebramos os aniversarios do mes de outubro.
Estaban de celebración Miguel M., Lorena, Isaac, Alejandro e Mar.
Tivemos unha festa moi completa pois contamos coa actuación do profe José Manuel que nos fixo xogos de maxia e malabares.
Máis tarde rematamos a festa cantando e bailando.


26/10/10

Samaín

Estivemos a facer a nosa careta de cabaza para o Samaín.
Están a secar e despois faremos as follas de papel pinocho verde.
De seguro que asustaremos a tódolos nenos e nenas do cole.

22/10/10

O Acuario

Onte xoves, fomos ao acuario do Grove e estivemos a visitar os peixes que alí coidan.
Os nenos e nenas aprenderon un feixe de cousas e poidemos comprobar o poder dos medios audiovisuais pois o peixe que máis lles gustou, foi "Nemo" o peixe pallaso e unha estrela de mar chamada "Patricio"



19/10/10

Babieca

Hoxe, no recreo, recibimos a visita do Babieca.
Babieca é o cabalo do pai da bolboreta lareta, Miriam. Os nenos estaban abraiados coa visita e ao mesmo tempo tranquilos porque estaban do outro lado da rexa.
Cando se tiña que ir, non se querían despedir do cabalo e foron correndo detrás ao longo do patio.
Ao volver á aula, os cativ@s estaban moi interesados en falar cousas dos cabalos co que estivemos a lembrar cousas e decidimos facer un pequeno proxecto sobre eles.
















18/10/10

Cantaxogos

A semana pasada, xuntámonos todos os nenos e nenas de infantil e fomos a cantar e bailar no escenario co cantaxogos.

13/10/10

Os crebacabezas

As xoaniñas xogamos tódolos días un anaco aos crebacabezas.
Os crebacabezas son xogos divididos en partes que hai que xuntar para conformar unha figura ou debuxo.
Algo tan sinxelo desenrola varias funcións do cerebro ademáis da atención, análise e síntese.
E sobretodo, traballa as capacidades de razonar, deducir, analizar, ordenar e desenvolver o pensamento e habilidades lóxicas cuxo obxectivo é solucionar o problema plantexado.












Preme na imaxe e poderás facer o puzzle da xoaniña.

11/10/10

Unha visita moi mediática


O venres pasado Alvaro, outro alumno de cuarto curso e da profe Ana Lisa, trouxo á escola outra mascota que é o proxecto sobre o que están a traballar.
Neste caso era unha coelliña de tres meses que segundo nos dixo, chámase "Sara Carbonero" :)).
Estaba nunha gaiola aínda que na súa casa está, con outros trece, nun cortello e comentóunos que comía herba, mazás, millo moido pero que o que máis lle gustaba era o arroz blanco.
Lembramos os números contando patas, ollos, orellas, rabo...

AQUI, na web da galipedia "O coello na cultura popular galega" pódese atopar refráns, cantigas e curiosidades.

6/10/10

A tartaruga de orellas vermellas













Carlos é un alumno de 4º de Primaria que ten catro tartarugas na súa casa. Esta mañá trouxo unha á escola e tivo a amabilidade de pasarse polas aulas de infantil a contarnos cousas dela.
Era unha tartaruga de orellas vermellas que están en perigo de extinción. Chámanse así polas duas pintas vermellas que teñen na cabeza.
Revolucionouse a clase e tod@s querían vela de cerca aínda que con certa desconfianza debido ao seu tamaño.
En canto poidemos, fomos á biblioteca a percurar un conto e poidemos ler "A tartaruga que quería durmir".

2/10/10

As pantasmas


As xoaniñas comezamos a preparar a nosa canción para a festa do Samaín xa que estas cousas teñen que ir con tempo. :)

A canción titúlase "As pantasmas" cuxa letra pódese ler ao premer na imaxe e que se pode escoitar no reprodutor na barra lateral da dereita.