31/12/11

Xogando ás cartas

Aos dragóns (que nós coñecemos) gústallés xogar ás cartas.
A nós tamén. Trouxemos diferentes barallas e aprendimos diferentes formas de xogar...

Ovos de dragón

Outro día quixemos comer ovos de dragón, así que cada neno e nena trouxo un ovo cocido que cascamos primeiro e logo deixamos durante un tempo en auga con colorante culinario e quedaron así..



Proxecto dragóns

E por fin, chegou o día no que os volcáns entraron en erupción e fixemos unha pequena festa.
Todo saíu coma estaba previsto..

Proxecto dragóns

Unha vez que secaron os volcans, pintámolos e quedaron preparados para unha erupción inmediata.. :)

Aniversarios novembro

No mes de novembro estivo Lara de aniversario e trouxo un pastel diferente que estaba riquísimo.. :))