21/7/10

Fin de curso

E por fin, chegamos ao remate do curso e coido que xa puxemos unha pequena mostra mediante as fotos, das actividades que fixemos ao longo do curso.
No fin de festa, participou un mago que lles encantou aos nenos e nenas e despois do reparto de orlas e cancións, rematou cos profes cantando e bailando para o alumnado (desa actuación non hai fotos)... :))

O Camiño de Santiago portugués

Estamos en ano xacobeo polo que todo o centro, a través do departamento de normalización lingüística, decidimos coñecer un pouco do camiño de santiago portugués e a cada curso tocóunos unha cidade/etapa do camiño.
Ao rematar o curso fixemos un recorrido, con chapeu de peregrino, polo centro en diferentes etapas para coñecer as outras cidades, levando as credenciais e poder acadar a compostela.

Merenda na praia de Silgar

Tiña que ser unha xuntanza para algo ou por algo que ao remate non nos quedou claro pero que nós, aproveitamos para merendar e disfrutar pola nosa conta na praia de Sanxenxo.

Educación vial

Continuando coa campaña que comenzaramos o ano anterior, tivemos o curso de educación vial con videos e despois a posta en práctica...

Aniversarios xuño

No mes de xuño celebramos tamen os aniversarios dos meses de xullo e agosto para que tod@s tiveran a súa festa.
E celebraron Aitor, Noa, Julia e David...

Os bombeiros

Neste curso remataron as excursións cunha visita aos bombeiros do Salnés.
Pasáronno en grande e, ao sair, case todos querían ser bombeiros.

20/7/10

Aniversarios maio

No mes de maio estivo de aniversario Carlos e fixemos unha festa que semellaba un banquete.

A praia

Aproveitando que o noso colexio está nun lugar privilexiado, como é a praia da Lanzada, e que facía moi bo tempo, invitamos aos pais e nais que viñesen pasar unha tarde de baño con nós.
Foi unha experiencia moi divertida e para repetir en anos vindeiros.

Día das Letras Galegas

No día das Letras Galegas homenaxeamos a Uxio Novoneyra.
Os nenos de 5 anos colorearon un decorado cun debuxo, dos persoaxes do conto do autor, titulado "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e pasamos tod@s por alí para facer a foto aínda que aquí só puxemos unha representación.
Tamén participamos no festival organizado no colexio con motivo da festa.


Aniversarios abril

E neste mes estivo de aniversario Marcos...

O Museo

No mes de abril tamén visitamos o museo de Pontevedra.
Antes de entrar tivemos tempo de tomar a merenda e disfrutar da praza da Leña.