24/2/11

O vagalume

O entroido vai asolagando todas as escolas e a nosa non podía ser menos.
Aproveitando que estamos no ano internacional dos bosques, ese é o tema que escollimos para disfrazarnos.
Os nenos e nenas de infantil puxémonos de acordo e iremos de vagalumes.
O martes pola tarde estiveron nais e avoas axudando a debuxar, cortar e coser os patróns.
Xa o temos todo preparado, pero...

Qué sabemos dos vagalumes tamén chamados lucecús, vellas do caldo, ferriños, lucerlas...?
Pois que é un insecto dunha familia de coleópteros, que hai máis de 2.000 especies e que é fácil topalos preto de zonas húmidas de pantanos e rios pola noitiña.
Teñen duas antenas longas e articuladas, dous élitros, seis patas e o tórax case lle tapa a cabeza e comen caracois e lesmas.
E que no último segmento do abdome emiten unha luz brillante e intermitente debido á oxidación da proteina luciferina.
A maioria dos vagalumes que emiten luz son femias que queren atraer aos machos.
Ultimamente estase a notar un notable descenso de vagalumes debido ao exceso de luz artificial por zonas que o home vai humanizando e que fai que os machos se desorienten e non poidan fecundar as femias.

17/2/11

O pingüín emperador

Estamos xa a rematar o proxecto dos pingüíns emperador.
A semana pasada estivemos a facer a roda do ciclo da súa vida.
Primeiro pintamos, despois recortamos e logo pegamos.
E quedóunos unha tarxeta interactiva co ciclo da vida moi xeitosa. :))


7/2/11

As formas de cores (II)

Continuamos decorando o mural das formas.
O venres tocóulle aos cadrados. Debuxámolos, recortámolos e pegámolos no mural.
A seguinte forma será o triángulo e intentaremos complicalo un pouco máis.

1/2/11

Día escolar da paz e non violencia

Onte, por fín, poidemos celebrar a marcha pola paz ao longo da praia da Lanzada.
Viñeron con nós algúns pais e nais e celebrámolo ben celebrado.