26/1/11

A nosa pomba da paz

Nesta semana tamén estivemos a decorar a nosa pomba da paz que levaremos mañá na marcha pola paz con todo o cole.
As xoaniñas fixeron as plumas, escribiron detrás unha palabra relacionada coa paz e rematámola pegando estrelas..


Pastas de marmelada

Para ver a receita que fixemos hoxe no obradoiro de cociña e fotos de como o facemos, hai que premer na imaxe...

As formas de cores

Estamos a decorar un mural do corredor con formas xeométricas.
Comezamos polo círculo e despois de pintalos, pegámolos.
Nos próximos días seguiremos con cadrados e triángulos...


Aniversarios xaneiro 2011

Hoxe celebramos os aniversarios de Nico S. e Miguel V.
Cumpriron 5 anos!! Os máis maiores da clase!!
Parabens aos dous.. :))


23/1/11

Pop-ups

Fabían é un profe licenciado na facultade de Belas Artes de Pontevedra.
El veu ao cole a aprendernos como se fai un pop-up e enxeñounos algún dos seus traballos.









Primeiro coloreamos a xoaniña que nos deu Fabián.

















Despois recortamos e pegamos...

















Por último, na aula fixemos a portada da nosa postal pop-up

19/1/11

Obradoiro de cociña

Para ver as receitas que facemos nos obradoiros de cociña e fotos de como o facemos, hai que premer na imaxe...

Os pingüíns e animais polares

Comezamos a traballar no proxecto dos pingüíns e outros animais polares.
Pouco a pouco as xoaniñas traen da casa todo tipo de información e recursos relacionados co tema co que iremos conformando o mural da aula e aprendendo un feixe de cousas..

12/1/11

A volta

Xa estamos de volta!!
Os nenos e nenas de infantil pensamos en festexar o día do xoguete traendo á aula o xoguete que quixeramos e explicarlle aos compañeiros e compañeiras como se chamaba, como funcionaba e compartir ao longo da mañá.
Despois fixemos un debuxo dalgún dos xoguetes.
As xoaniñas chegaron cargadas ao cole.
O que máis éxito tivo, e que toda a cativada quixo probar, foi o acordeón de Raúl.
Tivemos que ampliar a información do neno e os profes quedamos encantados coa curiosidade e as ganas que mostraron.. :))