28/2/12

Entroido 2012

Como todos os anos celebramos a festa do entroido. Despois da festa, tivemos unha merenda e baile...
Xa estamos a esperar o do próximo ano :))

12/2/12

Día do amor en Galicia, a Candeloria

O día 2 de febreiro é o día do amor en Galicia. O día da Candeloria.
É unha festa con raices ancestrais que como tantas celebracións da cultura galega vanse deixando de lado por outras máis recentes pero non tan belas.
Este día é cando casan os paxariños e nós tivemos a sorte de recibir unha invitación para esas bodas.
Presentáronsenos dous problemas. Tiñamos que saber voar e o outro era que non podiamos asistir a todas as bodas ao mesmo tempo e quedar mal con uns e con outros.
Así que decidimos, a través do gran paxaro carteiro, mandárlles unha carta, que deixamos no patio do cole, de todas as xoaniñas desexándolles unha gran felicidade para sempre cos seus vindeiros paxariños e disculpándonos por non poder asistir.
Pero a cousa non acabou aí... nós tamén celebramos unha boda no cole.
Viñemos vestidos para a ocasión e ata se apuntaron os nenos e nenas de 4 anos coa profe Rosana.
Rematamos a festa comendo vermiños pero non como os que comen os paxaros senon de lambonada.

As cores do inverno

Estamos na estación do inverno e entre proxecto e proxecto imos facendo cousiñas da estación.
Traballando as cores do inverno lembramos o conto de OQO Os mil brancos dos esquimós e pensamos en facer un mural na nosa aula.
Recortamos papeis e pegamos, coloreamos algúns debuxos e, ainda que o mural vai collendo forma, falta rematalo.


Cerimonia de nomeación

Estamos a seguir co proxecto dos castelos e, en particular, coa torre do homenaxe.
Así que nada mellor que celebrar a cerimonia de nomeamento de cabaleiros e cabaleiras.
Xa podemos montar todos e todas a cabalooo!!! :))

Aniversarios xaneiro

No mes de xaneiro estiveron de aniversario Nicolás e Miguel.
Xa teñen 6 anosss... ai! que dentro de pouco xa están en primaria!! :))

Os castelos

O mes pasado comezamos a preparar o proxecto dos castelos case como unha continuación ao proxecto dos dragóns.
O primero que fixemos foi unha posta en común do que sabiamos dos castelos e a profe Raquel foi anotando na pizarra.
A conclusión quedou en que coma xa sabemos moitas cousas, temos que profundizar máis no tema recreando as súas formas de vida e tamén aprender novo vocabulario daquela época.

A Paz

Este ano para celebrar o día da paz e non violencia, estivemos a traballar en conceptos do día a día como: falar e escoitar, construir, axudar, xogar, animar, compartir, abrazar, dar, colaborar e fomos facendo fotos de momentos que nalgún momento suceden no contorno do colexio.
Fixemos un libriño con fotos destes momentos e decoramos un cartel da paz que logo levamos para a casa.
Tamen fixemos un mural coas fotos das nenas e nenos de infantil nalgunha acción que traballamos.

28/1/12

A colección de galletas



Estivemos a ler o conto "A colección de galletas" de Editorial Linteo.
Encantounos a súa colección.. galletas de piratas, galletas da mañá, galletas de bicos, galletas secretas...
Coa colaboración dos pais, pensamos en facer a nosa propia colección e quedaron asi... linguas de gato, ratos, casiñas, hello cakes, cariñas ledas, ourizos, bonecos de neve,
de debuxos, galletas sen mais.. :))
Para todos os gustos!!


Compartindo xoguetes

Despois das vacacións de nadal, celebramos o día do xoguete traendo cada un á clase un xoguete para explicar como funciona e compartir cos demais.
Foi unha maña moi entretida e aproveitada... :))

3/1/12

Nadal IV

E para rematar, tivemos a visita de Papá Noel que trouxo un pequeno agasallo ás nenas e nenos.. :))



Nadal III

O derradeiro día de colexio, as nenas e nenos de infantil trouxeron da casa bocadillos e algunhas lambonadas co que fixemos unha pequena festa no corredor. Estaba todo riquísimo... ou non? :)

Aniversarios Decembro

No mes de decembro estiveron de aniversario, Hugo, Miriam e Raúl.
Lucían unhas coroas moi chulas que fixemos entre tod@s e pasámolo así de ben..

Nadal II

Ao longo dos días antes das vacacións fixemos os murais para decorar o corredor.
O Apalpador, a Árbore, Os Reis, Papá Noel e cada día o encargado/a correspondiente poñía unha pucha de Nadal..

Nadal

O Nadal ía chegando á escola e comezou pola decoración.. :))