O calidoscopio foi inventado no ano 1816 polo inglés David Brewster e dende entón non deixou de engaiolar ó mundo. Incluso fixéronse calidoscopios con pedras preciosas.
Lembro de pequena cando faciamos os nosos e como deixabamos que voase a nosa imaxinación mirando as cores que alí aparecían.
Agora fixen éste pero dixital que se pode xogar con él tanto no computador como na pizarra dixital. (Pinchade na imaxe.)
Na aula faremos un manual seguindo a explicación que deixo e que materiais utilizar:
Elementos que compre ter:
- Dous CD que xa non sirvan ou tres anacos de espello rectangulares do mesmo tamaño.
- Cinta de pegar.
- Un anaco de cartón que pode ser o que queda no papel de aluminio cando se remata. Tesoiras.
- Cartolina para facer a tapa do visor.
- Contas de vidro ou plástico.
Instruccions para armalo
- Collemos o CD e identificamos os dous lados. Un é mais opaco co outro.
- Cortamos tres figuras rectangulares o mais grandes posible, de dous CDs. Do primeiro saldrán duas pezas. Temos que facelo sin que se despegue a película plateada.
- Facemos un prisma triangular coas tres pezas e suxeitamos con cinta de pegar. As caras mais brilantes deben quedar para dentro.
- Metemos o prisma de espellos ou pezas de CD dentro do tubo de cartón. Si o tubo que escollimos é moi grande, podemos forrar o calidoscopio por dentro con esponxa ou outro material que suxeite o prisma e o faga quedar firme dentro do tubo.
- Podese engadir contas transparentes de cores pechando o extremo do tubo con unha capa transparente.
- Podemos construir un visor: unha tapa con un burato no centro que tape o final do tubo por onde miraremos e ¡xa está! xa podemos disfrutar con infinitos debuxos.