4/7/11

Aniversarios de verán

No mes de xuño celebramos todos os aniversarios do alumnado que cumpre nos meses de verán.
Así nos xuntamos co aniversario de Candela V., Julia, David, Laura, Aitor e Noa.
Parabens para todos e todas!!!


O Pazo de Lourizán

Por mor da celebración do Ano Internacional dos Bosques e porque o traballamos ao longo do curso, eliximos como excursión de fin de curso, o Pazo de Lourizan.
Tocóunos un día de choiva pero aguantamos como campións ata que finalizou a visita.
Aquí vos deixamos algunhas fotos...




Simulacro

O día 3 de xuño tivemos no colexio un simulacro de evacuación no que soaron as alarmas, saimos polas portas de emerxencia e viñeron os bombeiros.


Aniversarios maio

No mes de maio estivo de aniversario Carlos e celebrámolo con unha festa como a que vedes...


Letras Galegas 2011

Despois de aprender un feixe de cousas sobre Lois Pereiro, celebramos con todo o alumnado do colexio, o día das Letras Galegas.



A Pontevedra

Aproveitando que fomos a Pontevedra a ver unha obra de teatro, visitamos a alameda e de paso comemos a merenda que nos prepararon as nosas nais e pais.


As tics

Antes de rematar as actividades coas tics, que fixemos ao longo do curso, as xoaniñas quixeron ser retratadas en plena faena.