29/9/10

Aniversarios setembro

















Celebramos os aniversarios do mes de setembro.
Estaban de días, Jennifer, Candela, Brais e Sergio.
As nais e pais fixeron unha tarta exquisita de chocolate e lacasitos e uns gardapanos de agasallo para os nenos, nenas e profes.









Rematamos a festa cantando e bailando.

26/9/10

Bolboreta

Estes días no patio, os nenos e nenas de catro anos estan a atopar moitos pequenos animais de xardín aos que observan e, as veces, ata molestan.
É o aprendizaxe en vivo.
O venres apareceu unha bolboreta branca á que lle fixemos algunhas fotos.









Chamóunos a atención que estivese tan vital no outono.
Investigando un pouco soubemos que é unha bolboreta da col e que é normal atopalas tamén polo setembro.
Na galipedia atopamos información xeral sobre as bolboretas e coa axuda dun debuxo lembramos o ciclo vital das bolboretas.
Quedan pendentes, para facer o luns, os pictogramas para aprender a ler e escribir algunhas novas palabras:

OVOS, EIRUGAS, CASULO, BOLBORETA

23/9/10

O Outono


Hoxe comeza o outono e as xoaniñas xa estamos a aprender a poesia do outono que pasará a formar parte do noso libro das poesías.

E cómo aprendemos? Con pictogramas.













Cando xa a sabemos, sacamos os textos (que temos en tarxetas) e colocamos debaixo dos pictogramas as palabras correspondentes que imos aprendendo.

13/9/10

As mascotas de infantil

Hoxe, cada aula de infantil fixemos unha coroa coa mascota da clase.
Tres anos ían de bolboretas, catro anos de xoaniñas e os de cinco anos de abellas.
As nosas xoaniñas quedaron así...

10/9/10

O retorno das xoaniñas

Primeiro día de cole!!

As xoaniñas esperaban na porta cos seus pais e nais a que soara o timbre para entrar na aula.
As súas cariñas eran de impaciencia e cando xa entraron na clase, tiñan dominado o tema coma auténtic@s campeóns/as.


8/9/10

Comeza o curso

As xoaniñas xa temos catro anos e, como as xoaniñas de verdade, xuntámonos para pasar o inverno.
Elas, estarán pechadas nunha árbore ata a primavera pero nós.. nós non.
A nosa curiosidade, fantasía, imaxinación, creatividade, ganas de aprender e compartir non nos caben debaixo das ás...
É por iso que intentaremos disfrutar tanto dentro coma fóra da aula, do cole, para conseguilo.

Benvid@s ao noso mundo vermello de pintiñas negras :)