29/11/10

Estivemos de aniversario

Neste mes de novembro estivo de aniversario Lara.
A súa mamá tróuxonos un pastel moi rico e larpeiradas que só nos permitimos unha vez o mes :))


20/11/10

Castañas "super-star"

Estivemos a corar castañas e cada neno e nena utilizaron as cores que mellor lles pareceu.
Para convertilas en protagonistas da súa festa que mellor que situalas nunha noite estrelada... e así lucen :))


A comer, a comer...

O xoves pasado estivemos a celebrar o magosto no centro.
Facía frio pero non nos importou pois comemos castañas asadas, froitos secos e despois cantamos, bailamos e xogamos ata que chegou a hora de sair.



12/11/10

Onte estivemos a facer as bolsas para meter as castañas o día do magosto.
Por mor da choiva tivemos que cambiar a data para o xoves próximo pero xa aprendimos unha poesía para xogar ao corro..

AO CORRO DAS CASTAÑAS
COMERÉMOLAS ASADAS
COMO ASA A CASTAÑEIRA
ELA COME A PRIMEIRA
A COMER! A COMER!
AI QUE CHEO/A ME QUEDEI!


9/11/10

Treboada













A situación do noso cole é inmellorable con esa praia da Lanzada que nos entra polas ventás saudando e deixando ese recendo a sal.
Pero cando fai mal tempo non se lembra de ninguén e bate na escola por todos os lados.
Hoxe tivemos temporal con treboada incluida.
Estivemos mirando a través dos cristais a choiva, os lóstregos e quedamos en silencio para escoitar os tronos.
Despois falamos da súa orixe e comentamos o conto que xa leramos na aula "Quen lle ten medo á tormenta?
Ninguén tiña medo..

8/11/10

Preparando o magosto

As xoaniñas (e os demais nenos e nenas de infantil) andamos un pouco liadas entre preparar o magosto e decorar a escola..
Aí vos deixamos unha mostra