20/12/08

Vacacións


Pois xa estamos de vacacións e aquí quedan os nosos desexos para todo o mundo de un moi Bo Nadal.
(Se pinchades na foto e movedes o rato poderedes ver nevar na Lanzada e se clicades na frechiña de arriba, seguirá nevando pero con música.)

Polo Nadal..









Deixamos unhas fotos do bonito que estaba o cole por estas datas.

Xa veñen os reis..













O xoves os nenos estaban felices.
Tivemos a visita duns emisarios dos reis magos de Oriente que se pasaron pola aula para entregarlles a Antía e Shasa o seu premio por quedaren finalistas do concurso de tarxetas de Nadal do concello.
O premio consistía en ir cada un con un rei mago na súa carroza na cabalgata do próximo día 5.
Alguns rapaces aproveitaron para lembrarlles ós reis que non se esquezan do que lles pediron nas suas cartas. :)

11/12/08

Facemos un calidoscopio

O calidoscopio foi inventado no ano 1816 polo inglés David Brewster e dende entón non deixou de engaiolar ó mundo. Incluso fixéronse calidoscopios con pedras preciosas.
Lembro de pequena cando faciamos os nosos e como deixabamos que voase a nosa imaxinación mirando as cores que alí aparecían.
Agora fixen éste pero dixital que se pode xogar con él tanto no computador como na pizarra dixital. (Pinchade na imaxe.)

Na aula faremos un manual seguindo a explicación que deixo e que materiais utilizar:

Elementos que compre ter:
- Dous CD que xa non sirvan ou tres anacos de espello rectangulares do mesmo tamaño.
- Cinta de pegar.
- Un anaco de cartón que pode ser o que queda no papel de aluminio cando se remata. Tesoiras.
- Cartolina para facer a tapa do visor.
- Contas de vidro ou plástico.

Instruccions para armalo
- Collemos o CD e identificamos os dous lados. Un é mais opaco co outro.
- Cortamos tres figuras rectangulares o mais grandes posible, de dous CDs. Do primeiro saldrán duas pezas. Temos que facelo sin que se despegue a película plateada.
- Facemos un prisma triangular coas tres pezas e suxeitamos con cinta de pegar. As caras mais brilantes deben quedar para dentro.
- Metemos o prisma de espellos ou pezas de CD dentro do tubo de cartón. Si o tubo que escollimos é moi grande, podemos forrar o calidoscopio por dentro con esponxa ou outro material que suxeite o prisma e o faga quedar firme dentro do tubo.
- Podese engadir contas transparentes de cores pechando o extremo do tubo con unha capa transparente.
- Podemos construir un visor: unha tapa con un burato no centro que tape o final do tubo por onde miraremos e ¡xa está! xa podemos disfrutar con infinitos debuxos.

7/12/08

Canción de berce

Queres durmir ó neno que está na cama?
Seguimos a xogar e esta vez con un móbil astral. Se o moves co rato paseniño e pinchas na frechiña da música, seguro que se durme o neno.

(Pincha na imaxe)

6/12/08

A lúa e as olas

Se pinchades na foto chegaredes ó mar onde a lúa está a xogar coas olas.
Movendo o rato polas olas xogaredes tamén vós coa lúa e se clicades na frechiña de arriba, escoitaredes o son do mar.
Que disfrutedes!