28/12/10

Felices Festas!!

As xoaniñas despedímonos do ano 2010, desexando a todo o mundo un próximo 2011 cheo de aventuras, fantasía, imaxinación, creatividade, respeto, e agarimo polas nosas cousas, a nosa cultura, o noso país, a nosa lingua...

Brancaneves

Este ano para o festival de nadal, os nenos e nenas de infantil preparamos o conto de Brancaneves pero en versión musical con coreografía e cancións dos anos oitenta.
Foi un gran éxito e os actores e actrices estiveron espectaculares.. :))












Aniversarios decembro

No mes de decembro estiveron de aniversario Raúl, Miriam e Hugo.
A torta estaba riquísima..
Parabens aos tres.. :))

Postais de nadal

Despois de diferentes fases, así quedaron as nosas postais de nadal..

11/12/10

Chocolate

Para rematar o trimestre, eliximos lembrar conceptos lóxico-matemáticos a través dun conto.
O conto escollido foi "Gústame o chocolate" publicado pola ourensana editorial Ediciones Linteo.
Despois de ler o conto e ver o powerpoint, analizar cada cousa que nos decía, queriamos saber máis cousas e decidimos aportar á aula, alimentos que tivesen o chocolate como algún ingrediente e ao mesmo tempo (aproveitando o turrón de chocolate) enlazar co nadal e tamén revisar os nosos hábitos alimenticios.

Parabens a Esperanza Salnés

Dende aquí queremos unirnos aos unánimes parabens a Esperanza Salnés polo seu éxito coa obra "Noso Pobo é Fermoso" coa que acadaron o premio nacional sobre educación vial da DGT.
Parabéns polo premio e, por riba de todo, polo traballo que están a facer día tras día.
E moitos bicos e apertas á nosa xoaniña Carlos pola súa participación en dita obra.

29/11/10

Estivemos de aniversario

Neste mes de novembro estivo de aniversario Lara.
A súa mamá tróuxonos un pastel moi rico e larpeiradas que só nos permitimos unha vez o mes :))


20/11/10

Castañas "super-star"

Estivemos a corar castañas e cada neno e nena utilizaron as cores que mellor lles pareceu.
Para convertilas en protagonistas da súa festa que mellor que situalas nunha noite estrelada... e así lucen :))


A comer, a comer...

O xoves pasado estivemos a celebrar o magosto no centro.
Facía frio pero non nos importou pois comemos castañas asadas, froitos secos e despois cantamos, bailamos e xogamos ata que chegou a hora de sair.



12/11/10

Onte estivemos a facer as bolsas para meter as castañas o día do magosto.
Por mor da choiva tivemos que cambiar a data para o xoves próximo pero xa aprendimos unha poesía para xogar ao corro..

AO CORRO DAS CASTAÑAS
COMERÉMOLAS ASADAS
COMO ASA A CASTAÑEIRA
ELA COME A PRIMEIRA
A COMER! A COMER!
AI QUE CHEO/A ME QUEDEI!


9/11/10

Treboada













A situación do noso cole é inmellorable con esa praia da Lanzada que nos entra polas ventás saudando e deixando ese recendo a sal.
Pero cando fai mal tempo non se lembra de ninguén e bate na escola por todos os lados.
Hoxe tivemos temporal con treboada incluida.
Estivemos mirando a través dos cristais a choiva, os lóstregos e quedamos en silencio para escoitar os tronos.
Despois falamos da súa orixe e comentamos o conto que xa leramos na aula "Quen lle ten medo á tormenta?
Ninguén tiña medo..

8/11/10

Preparando o magosto

As xoaniñas (e os demais nenos e nenas de infantil) andamos un pouco liadas entre preparar o magosto e decorar a escola..
Aí vos deixamos unha mostra

29/10/10

Unha festa de medo...

Onte celebramos no cole a festa do Samaín na que case tódolos nenos e nenas viñeron que metían medo..
Tivemos festa rachada e nalgunha das fotos colóusenos unha enorme "araña" :))


























Estas son algunhas das cabazas que nenos e nenas foron traendo ao cole coa axuda dos pais e nais e que queremos agradecer dende aquí a súa colaboración xa que conseguen que as festas sexan máis e máis espectaculares superando cada ano...
(Para ver máis detalles, preme nas imaxes).


















Estas son tres cabazas que acadaron premio e aportadas por xoaniñas.