27/11/11

Proxecto dragóns

Aos dragóns gústanlles agacharse nos volcáns. No noso país de dragóns no pode faltar algún, así que decidimos facer algúns e puxémonos mans á obra.
Fixemos bolas de papel de periódico que fomos pegando arredor de unha botella dándolle forma. Logo cubrimos con barro e quedaron como se ve nas fotos.
Esperamos a que seque o barro para pintalos...

20/11/11

Proxecto dragóns

A profe Raquel tróuxonos a lenda de san Xurxo e nós, aquí, temos a coca de Redondela e a coca de Betanzos que tamén veremos no proxecto.
Polo momento aí queda a foto de Alejandro, todo garboso, presumindo da súa camiseta de dragón :)














13/11/11

O Magosto

O venres as xoaniñas trouxemos un puñado de castañas ao cole e subimos á aula onde facemos o obradoiro de cociña e contamos as castañas, repartimos e puxémolas no forno coidando de non queimarnos.
Aprendimos a facer cornetes, comemos e as que sobraron levámolas para á casa.
Benvido magosto... ata o ano que ven!!!

Proxecto dragóns

O mesmo tempo que celebramos as festas do outono, estamos a traballar sobre o proxecto dos dragóns.
Estamos recollendo información e aportando materiais porque decidimos montar o país dos dragóns.
Polo momento xa temos o castelo dos dragóns, a cova onde teñen secuestradas ás princesas e os seus tesouros, así como outra cova onde gardan as barallas de cartas ás que tanto lles gusta xogar.


Festas do outono

A semana pasada estivo moi completa e fixemos un feixe de actividades.
Con plastilina representamos cada unha das festas do outono que traballamos.
A vendima, as buxainas, o samaín, o magosto, os cogomelos.
Deixamos un oco valeiro porque a última festa que celebramos no cole, rematando o outono e dando a benvida ao inverno, é o nadal.
E así quedou a cousa...






2/11/11

Aniversarios outubro

No mes de outubro estiveron de aniversario Lorena, Miguel, Mar, Isaac e Alejandro.
Trouxeron unha tarta riquísima e cantamos o parabens.. :))



1/11/11

Os morcegos

O venres fixemos as nosas coroas de morcegos e estabamos así de guapos..


As cabazas

E coma todos os anos, as nenas e nenos de infantil, en colaboración cos pais e nais, trouxeron unhas cabazas espectaculares.. :))