14/3/09

Aprender coas tics

A estas alturas do curso da gusto ver todo o que aprendeu a clase de cinco anos xogando coas tics

O Entroido

Ainda que con un pouco de retraso, deixamos aquí algunhas fotos de entroido cos nenos e nenas de infantil

14/2/09

Save the children

Xuntámonos, o xoves pola tarde, todos/as para lembrar o día Internacional do Neno Soldado coa O.N.G. "Save the Children"
Organizóuse unha carreira na que participaron todo o alumnado incluidos os de infantil.
Deixamos fotos.

10/2/09

Globos

Este é o xogo dos globos.
No computador podemos darlle ós globos co rato. Na pizarra dixital é mais divertido darle para arriba coa man.
Para poder velo co navegador Firefox, necesítase ter instalada a extensión IE Tab que se pode descargar AQUI

1/2/09

Cores

Un video moi axeitado para comentar sobre as incoherencias e reflexionar. ;)

               

30/1/09

Anacos de Paz


Estos días estivemos a xogar co puzzle da foto da pomba da paz de Picasso.
Ó principio era un pouco complicado pero rápido as nenas e nenos de infantil conseguiron xuntalo.
Se clicades na foto poderedes chegar a él.

O Día da Paz

   
Hoxe celebramos na escola o día mundial da Paz.
Os cativos e cativas de infantil levaban unha pombiña na cabeza feita por eles.
Xuntámonos tódo o alumnado do centro para leer unhas mensaxes de paz ditas por xente coñecida e recoñecida (video esquerda).
Despois cantamos duas cancions. Unha de Juanes "Odio por amor" e logo outra en inglés que practicamos durante a semana co profe Abraham "Give peace a Chance" (video dereita).
Máis tarde saimos o patio coberto (chovía) y fixemos entre todos o símbolo da paz.
Por último, saimos un momentiño ó patio e un neno soltou unha pomba.


Educación vial

Como xa vos contara, fai uns días tivemos unhas xornadas de educación vial.
Os raparigos de infantil aprenderon un feixe de cousas novas e fixeron boas migas cos encargados de impartir os cursiños. Coñeceron novas sinais pero o que máis lles gustou foi poider entrar no auto da policia local e ver como funcionaba por dentro.
Aquí quedan algunhas fotos.

15/1/09

Trátase de tocar



Se pintamos as mans de diferentes maneiras, case seguro que chegaremos, coa imaxinación, a onde queiramos. E tocar, tocaremos.. o piano, a pelota, o remo, a batuta.. e así ata o infinito. Que tocarías ti?

11/1/09

A volta

Xa estamos de volta e con novas e máis ganas de facer cousas.
Xa empeza a actividade.
Esta semana que entra teremos na escola unhas charlas e prácticas sobre educación vial en diferentes días para tódolos ciclos. Coido que o pasaremos ben.

Por outro lado, deixo a ligazón, picando na foto, a un puzzle que con un pouco de xeito movendo o rato, ou a man se é encerado dixital, aparecerá unha fermosa imaxe.