12/2/12

Día do amor en Galicia, a Candeloria

O día 2 de febreiro é o día do amor en Galicia. O día da Candeloria.
É unha festa con raices ancestrais que como tantas celebracións da cultura galega vanse deixando de lado por outras máis recentes pero non tan belas.
Este día é cando casan os paxariños e nós tivemos a sorte de recibir unha invitación para esas bodas.
Presentáronsenos dous problemas. Tiñamos que saber voar e o outro era que non podiamos asistir a todas as bodas ao mesmo tempo e quedar mal con uns e con outros.
Así que decidimos, a través do gran paxaro carteiro, mandárlles unha carta, que deixamos no patio do cole, de todas as xoaniñas desexándolles unha gran felicidade para sempre cos seus vindeiros paxariños e disculpándonos por non poder asistir.
Pero a cousa non acabou aí... nós tamén celebramos unha boda no cole.
Viñemos vestidos para a ocasión e ata se apuntaron os nenos e nenas de 4 anos coa profe Rosana.
Rematamos a festa comendo vermiños pero non como os que comen os paxaros senon de lambonada.