Xa estamos de volta!!
Os nenos e nenas de infantil pensamos en festexar o día do xoguete traendo á aula o xoguete que quixeramos e explicarlle aos compañeiros e compañeiras como se chamaba, como funcionaba e compartir ao longo da mañá.
Despois fixemos un debuxo dalgún dos xoguetes.
As xoaniñas chegaron cargadas ao cole.
O que máis éxito tivo, e que toda a cativada quixo probar, foi o acordeón de Raúl.
Tivemos que ampliar a información do neno e os profes quedamos encantados coa curiosidade e as ganas que mostraron.. :))