11/10/10

Unha visita moi mediática


O venres pasado Alvaro, outro alumno de cuarto curso e da profe Ana Lisa, trouxo á escola outra mascota que é o proxecto sobre o que están a traballar.
Neste caso era unha coelliña de tres meses que segundo nos dixo, chámase "Sara Carbonero" :)).
Estaba nunha gaiola aínda que na súa casa está, con outros trece, nun cortello e comentóunos que comía herba, mazás, millo moido pero que o que máis lle gustaba era o arroz blanco.
Lembramos os números contando patas, ollos, orellas, rabo...

AQUI, na web da galipedia "O coello na cultura popular galega" pódese atopar refráns, cantigas e curiosidades.