14/4/10

De novo por aquí

Como deciamos onte... :)

É evidente que no derradeiro ano tiven pouco tempo para poñer esto ao día. Confio en que non suceda de hoxe en diante...

Pouco a pouco irei subindo as fotos que fixemos ao longo do curso nas diferentes actividades cos nenos de infantil.

O curso comenzou co periodo de adaptación e os pais acompañaron aos seus fillos a aula. As paredes apenas tiñan nada posto pero despois irase vendo como entre os alumnos e a colaboración dos pais a clase vai quedando máis acolledora.