Babieca é o cabalo do pai da bolboreta lareta, Miriam. Os nenos estaban abraiados coa visita e ao mesmo tempo tranquilos porque estaban do outro lado da rexa.
Cando se tiña que ir, non se querían despedir do cabalo e foron correndo detrás ao longo do patio.
Ao volver á aula, os cativ@s estaban moi interesados en falar cousas dos cabalos co que estivemos a lembrar cousas e decidimos facer un pequeno proxecto sobre eles.



