Aos dragóns gústanlles agacharse nos volcáns. No noso país de dragóns no pode faltar algún, así que decidimos facer algúns e puxémonos mans á obra. Fixemos bolas de papel de periódico que fomos pegando arredor de unha botella dándolle forma. Logo cubrimos con barro e quedaron como se ve nas fotos. Esperamos a que seque o barro para pintalos...
A profe Raquel tróuxonos a lenda de san Xurxo e nós, aquí, temos a coca de Redondela e a coca de Betanzos que tamén veremos no proxecto. Polo momento aí queda a foto de Alejandro, todo garboso, presumindo da súa camiseta de dragón :)
O venres as xoaniñas trouxemos un puñado de castañas ao cole e subimos á aula onde facemos o obradoiro de cociña e contamos as castañas, repartimos e puxémolas no forno coidando de non queimarnos. Aprendimos a facer cornetes, comemos e as que sobraron levámolas para á casa. Benvido magosto... ata o ano que ven!!!
O mesmo tempo que celebramos as festas do outono, estamos a traballar sobre o proxecto dos dragóns. Estamos recollendo información e aportando materiais porque decidimos montar o país dos dragóns. Polo momento xa temos o castelo dos dragóns, a cova onde teñen secuestradas ás princesas e os seus tesouros, así como outra cova onde gardan as barallas de cartas ás que tanto lles gusta xogar.
A semana pasada estivo moi completa e fixemos un feixe de actividades. Con plastilina representamos cada unha das festas do outono que traballamos. A vendima, as buxainas, o samaín, o magosto, os cogomelos. Deixamos un oco valeiro porque a última festa que celebramos no cole, rematando o outono e dando a benvida ao inverno, é o nadal. E así quedou a cousa...
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...