No mes de xuño celebramos todos os aniversarios do alumnado que cumpre nos meses de verán. Así nos xuntamos co aniversario de Candela V., Julia, David, Laura, Aitor e Noa. Parabens para todos e todas!!!
Por mor da celebración do Ano Internacional dos Bosques e porque o traballamos ao longo do curso, eliximos como excursión de fin de curso, o Pazo de Lourizan. Tocóunos un día de choiva pero aguantamos como campións ata que finalizou a visita. Aquí vos deixamos algunhas fotos...
Aproveitando que fomos a Pontevedra a ver unha obra de teatro, visitamos a alameda e de paso comemos a merenda que nos prepararon as nosas nais e pais.
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...