30/3/11

Educación vial

Como todos os anos, esta semana estivemos no colexio lembrando e aprendendo cousas novas de educación vial. Aí quedan algunhas fotos das xoaniñas en bicicleta..















28/3/11

Abraham Carreiro

As xoaniñas tamén estivemos con Abraham Carreiro para aprender a facer debuxos e crear presonaxes.


As formas de cores (III)

Despois dalgún tempo rematamos o mural das formas de cores.
Quedou así de bonito..

20/3/11

A xoaniña andeira




O próximo proxecto que imos traballar é o das xoaniñas.
Que mellor que comezar con un poema de Xosé Neira Vilas, "A xoaniña andeira"








                                    

Sobre o lombo do regueiro
navega unha xoaniña
nunha folla de salgueiro.

Vaise do eido nativo.
Quere ter diante dos ollos
paisaxes que nunca tivo.

Dende o intre que embarcou
sente unha fonda morriña
do prado onde se criou.

Mentres deixa atrás o val
vai dicindo polo baixo.
"volverei o salgueiral".

E unha mañá raioleira,
por entre vimbios e fentas
voltou a xoaniña andeira.

15/3/11

Contacontos

Hoxe tivemos contacontos!!!
Estivemos atentos e participamos moito para que quedara máis bonito o conto. :))



Estivemos de Entroido

E estabamos así de vagalumes!!!