


A situación do noso cole é inmellorable con esa
praia da Lanzada que nos entra polas ventás saudando e deixando ese recendo a sal.
Pero cando fai mal tempo non se lembra de ninguén e bate na escola por todos os lados.
Hoxe tivemos temporal con
treboada incluida.
Estivemos mirando a través dos cristais a
choiva, os
lóstregos e quedamos en silencio para escoitar os
tronos.
Despois falamos da súa orixe e comentamos o conto que xa leramos na aula
"Quen lle ten medo á tormenta?Ninguén tiña medo..
