E por fin, chegamos ao remate do curso e coido que xa puxemos unha pequena mostra mediante as fotos, das actividades que fixemos ao longo do curso. No fin de festa, participou un mago que lles encantou aos nenos e nenas e despois do reparto de orlas e cancións, rematou cos profes cantando e bailando para o alumnado (desa actuación non hai fotos)... :))
Estamos en ano xacobeo polo que todo o centro, a través do departamento de normalización lingüística, decidimos coñecer un pouco do camiño de santiago portugués e a cada curso tocóunos unha cidade/etapa do camiño. Ao rematar o curso fixemos un recorrido, con chapeu de peregrino, polo centro en diferentes etapas para coñecer as outras cidades, levando as credenciais e poder acadar a compostela.
Tiña que ser unha xuntanza para algo ou por algo que ao remate non nos quedou claro pero que nós, aproveitamos para merendar e disfrutar pola nosa conta na praia de Sanxenxo.
No mes de xuño celebramos tamen os aniversarios dos meses de xullo e agosto para que tod@s tiveran a súa festa. E celebraron Aitor, Noa, Julia e David...
Aproveitando que o noso colexio está nun lugar privilexiado, como é a praia da Lanzada, e que facía moi bo tempo, invitamos aos pais e nais que viñesen pasar unha tarde de baño con nós. Foi unha experiencia moi divertida e para repetir en anos vindeiros.
No día das Letras Galegas homenaxeamos a Uxio Novoneyra. Os nenos de 5 anos colorearon un decorado cun debuxo, dos persoaxes do conto do autor, titulado "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e pasamos tod@s por alí para facer a foto aínda que aquí só puxemos unha representación. Tamén participamos no festival organizado no colexio con motivo da festa.
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...