Estos días estivemos a xogar co puzzle da foto da pomba da paz de Picasso. Ó principio era un pouco complicado pero rápido as nenas e nenos de infantil conseguiron xuntalo. Se clicades na foto poderedes chegar a él.
Como xa vos contara, fai uns días tivemos unhas xornadas de educación vial. Os raparigos de infantil aprenderon un feixe de cousas novas e fixeron boas migas cos encargados de impartir os cursiños. Coñeceron novas sinais pero o que máis lles gustou foi poider entrar no auto da policia local e ver como funcionaba por dentro. Aquí quedan algunhas fotos.
Se pintamos as mans de diferentes maneiras, case seguro que chegaremos, coa imaxinación, a onde queiramos. E tocar, tocaremos.. o piano, a pelota, o remo, a batuta.. e así ata o infinito. Que tocarías ti?
Xa estamos de volta e con novas e máis ganas de facer cousas. Xa empeza a actividade. Esta semana que entra teremos na escola unhas charlas e prácticas sobre educación vial en diferentes días para tódolos ciclos. Coido que o pasaremos ben.
Por outro lado, deixo a ligazón, picando na foto, a un puzzle que con un pouco de xeito movendo o rato, ou a man se é encerado dixital, aparecerá unha fermosa imaxe.
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...