Para que vexades que existe dona Lisa, aquí vos deixamos unhas fotos. Esta semana choveu un día e desfíxolle a tea pero xa vimos onte que é persistente e de novo está tecendo outra.
(Pinchar en cada unha para ver as fotos en grande)
Dona Lisa é unha araña que decidiu vir a vivir a un recuncho do noso xardín. E chámase asi porque así o decidiron os nenos de infantil do ceip Noalla-Telleiro na praia da Lanzada.
Eles, os nenos de infantil, serán os protagonistas de este blog ó longo do curso. Benvidos.
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...